Como continuación ao programa Se Busca Campión en Galicia e despois da concentración do pasado 23 de outubro, esta fin de semana o 13 e 14 de novembro se vai a celebrar no CGETD A Estrada unha concentración interterritorial de bádminton dirixida polo técnico danés Anders Thomsen.
Para esta concentración foron seleccionados un total de 16 xogadores pertencentes aos cinco clubs galegos que forman parte deste programa que asistirán a esta xunto aos seus técnicos.
Xogadores convocados:
-CB Rachaplumas de Vigo: Eva Murio, Omar Vila e Ana Belén Salgueiro
-Club do Mar de San Amaro de A Coruña: María Castro e Andrew Blanco
-CB Thebes&Reale A Estrada: Marta Sanmartin, Noelia Gestoso e Aldara Liñares
-CB As Neves: María Alvarez, Marcos Parada e Sergio García
-Club Athlos de Ourense: Sub-13 Miguel Abarbado, Maria Ezquerro, Martin Abarbado, Sergio Vidal e Antonio Iglesias.
O horario de traballo da concentración é:
Sábado de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 h.
Domingo de 10 a 13 horas.
Esta actividade vai coincidir esta fin de semana co Bádminton GP dá Estrada coa participación das mellores raquetas nacionais e xogadores estranxeiros.