trofeocidadevigomaio2010peqCartel de luxo no II Gran Premio de A Estrada categoría Absoluta. A partir das seis da tarde do venres dia 12 de Novembro, as mellores raquetas do panorama nacional danse cita no pavillón Couto Ferreiro de A Estrada, case 100 deportistas vidos de toda España, veranse as caras durante os tres días que dura o campionato.

A modalidade máis nutrida é a de individual masculina, onde o triunvirato Indonesio, formado por Hendry Winarto de La Orden Huelva, Stenny Kusuma de Rinconada e o Campión da pasada edición Indra Bagus de CB Alicante, intentarán copar os primeiros postos, non o terán doado xa que os xogadores nacionais Pablo Abián del Ibiza, olímpico en Beijing, Sergio Llopis del Bádminton Torejón, Olímpico en Atenas e o internacional David Leal de Huesca demostrarán o bo estado de saúde do bádminton español.

O dobres, modalidade espectacular onde as haxa, promete grandes e apaixonados partidos, Leal e Ojeda primeiros do Ranking Nacional, os HNos Abián, actuais campións de España, a experimentada parella Fernández-LLopis, poranllo difícil á parella indonesia Gordown-Kusuma.

O individual feminino, parte moi aberto coa líder do ano, Manuela Diaz, Laura Molina e Sandra Chirlaque loitarán polo título, con permiso da xogadora galega do CGETD Angela Soto de As Neves. O dobres de Noelia Jimenez e Paula Rodriguez, presúmese intratable. O mixto Carlos Longo e Haidee Ojeda loitarán a priori co seu irmán e compañeiro de club Eli Ojeda e Paula Rodriguez, todo queda na casa.

Os xogadores galegos que parten con máis opcións son Aboal-Moldes jugador do CGETD de A Estrada e do club do Mar e As Neves respectivamente, os locais Carollo que estrean parella co novel Diego Otero, os nevenses Mendez e Durán todos eles en dobres. Aboal-Peralvarez en mixtos buscan un oco en semifinais.

Durán, Mendez, Arriaza bazas galegas en individual e a prometedora Angela Soto en Individual fem.

A Federación Galega e o Thebes-Reale A Estrada animan a todos os afeccionados ao deporte a asistir a este evento de primeira orde nacional.