Eva Murio logra o primeiro título nacional para o CB Rachaplumas esta fin de semana en Vegadeo

Imprimir

374podium individual femenino sub-13O 6 e 7 de novembro de 2010, o CB Rachaplumas de Vigo participou na 4ª proba do Circuíto Nacional sub-13 e sub-17 de Vegadeo.

Un total de 7 xogadores desprazáronse a Vegadeo: Eva Murio en sub-13 e Ainoa Rial, Carla Mouriño, Laura Valverde, Lucia Coello, Alejandro Rivadulla e Brais Vila.

Excelentes resultados e primeiro título do club a nivel nacional. A xogadora Eva Murio, unha das favoritas, logrou o título en individual feminino sub-13 ao impoñerse con autoridade a todos os seus rivais e lograr desta forma o primeiro título nacional para as vitrinas do club vigués.

Eva que se mostrou intratable en toda a competición dobrego no primeiro encontro á asturiana Mariña Migota (Oviedo) por 21-3 e 21-7, no segundo partido a María Alvarez do CB As Neves por 21-10 e 21-8, no terceiro encontro á vasca María Martinez (Aldapeta) por 21-8 e 21-8. En semifinal derrotou a Alba Cantón (Vegadeo) por 21-12 e 21-16 e na final á vasca Nerea Díaz (Aldapeta) por 21-7 e 21-14.

Así mesmo Eva formando parella coa vasca Naia Daza en dobres feminino sub-13 lograban o terceiro posto.

Del resto de compañeiros soamente Lucía Coello en individual feminino sub-17 logrou alcanzar o cadro principal perdendo en 1/8 de final ante a xogadora de Baleares Elena March por 21-8 e 21-3.