rachaplumas5.11.10O 6 e 7 de novembro celébrase no Pavillón do Recinto Feiral de Vegadeo (Asturias) a 4ª proba do Circuíto Nacional sub-13 e sub-17 de Bádminton de Vegadeo con representación viguesa.

O CB Rachaplumas despraza a esta proba un total de sete xogadores: Eva Murio en categoría sub-13 e Alejandro Rivadulla, Brais Vila, Aiona Rial, Lucia Coello, Carla Mouriño e Laura Valverde.

As opcións viguesas céntranse na categoría sub-13 onde Eva Murio parte como cabeza de serie e con serias opcións de subir o podium.

En categoría sub-17 as opcións son máis escasas xa que todos os xogadores desprazados son sub-15, pero a pesar diso espera entrar nos cadros principais e as opcións céntranse no dobre feminino con Carla Mouriño/Laura Valverde e dobres mixtos con Carla Mouriño/Brais Vila.

A competición iníciase o sábado ás 10:00 cos primeiros partidos. Os xogadores vigueses estréanse as 10:00 h. Brais Vila en individual masculino ante Angel Barquin de Cantabria, ás 10:30 h. Alejandro Rivadulla en individual masculino ante Adrian Yeste de Baleares e ás 11:00 h xogan Eva Murio ante Marian Migoya de Oviedo, Lucia Coello ante Angela María Pérez de Vegadeo e Laura Valverde ante Elena Gil del País Vasco.