rachaplumassub-15O domingo 24 de outubro celébrase a seguda xornada da Liga Galega de Clubs - Xunta de Galicia 2010-2011 de Bádminton no Pavillón dá Universidade Laboral de Ourense.

Despois da primeira xornada celebrada o pasado domingo en As Neves, a xornada de Ourense vai ser determinante para clarificar posicións de cara á última xornada do próximo sábado en A Coruña. En Ourense poderemos gozar de intensos e emocionantes partidos.

En primeira división masculina o enfrontamento CB As Neves "A" - CB Thebes&Reale A Estrada "A", ambos os dous equipos ocupan as primeiras prazas, pode ser determinante.

En primeira división feminina preséntanse dous partidos moi igualados mentres que en segunda o encontro Club Athlos - CB As Neves "B" puiden decidir que equipo xoga a promoción a primeira división.

En categoría sub-15 Masculina do gañador do emparellamento Club do Mar - CB Thebes&Reale A Estrada "A" pode saír o novo campión mentres o mesmo pode acontecer no partido feminino entre o Club Athlos e o CB Rachaplumas.

A segunda xornada vaise compoñer dun total de 16 encontros e un total de 80 partidos que se van disputar o domingo en horario de 10 a 19 horas. Este é o calendario da xornada do domingo en Ourense:

De 10 a 13:00 h.

Primeira División Masculina:
-Club do Mar "B" - Club do Mar "A"
-Club As Neves "A" - CB Thebes&Reale "A"
-Independente RSL BC - CB Troula

Categoría sub-15 Masculina:
-Club do Mar - CB Thebes&Reale A Estrada "A"
-Club Athlos - CB Rachaplumas

Categoría sub-15 Feminina:
-Club Athlos - CB Rachaplumas
-CB Thebes&Reale A Estrada - CB As Neves

De 13 a 16:00 h.

Categoría sub-15 Masculina:
-CB Thebes&Reale A Estrada "B" - CB Thebes&Reale A Estrada "A"
-CB Rachaplumas - Club do Mar

Primeira División Feminina:
-CB Thebes&Reale A Estrada - Club do Mar

Segunda División Feminina:
-CB Rachaplumas - CB As Neves "B"

De 16 a 19:00 h.

Primeira División Feminina:
-CB As Neves "A" - Club do Mar

Segunda División Feminina:
-Club Athlos - CB As Neves "B"

Segunda División Masculina:
-Club Athlos - CB Rachaplumas
-Universidade Laboral - CB As Neves "B"
-CB Thebes&Reale A Estrada "B" - CB Thebes&Reale A Estrada "A"