Arranca a liga galega de clubs 10/11 de bádminton este domingo en As neves

Imprimir

eva-maria.26.4.10O domingo 17 de outubro arranca a Liga Galega de Clubs de bádminton no Pavillón Municipal de As Neves. A liga galega de presenta edición componse por:

Categoría absoluta masculina:

- 1ª división con 6 equipos: CB As Neves"A", CB Thebes&Reale A Estrada ""A"," Club do Mar de San Amaro "A"  e "B" de A Coruña, Independente RSl BC de Ourense e CB Troula de Lugo
- 2ª división con 6 equipos: CB Thebes&Reale "B" e "C", CB As Neves"B", Club Athlos de Ourense, Club Universidade Laboral de Ourense e CB Rachaplumas de Vigo.

Categoría absoluta feminina:

- 1ª división con tres equipos: Club do Mar de San Amaro de A Coruña, CB As Neves""A"" e CB Thebes&Reale A Estrada.
- 2ª división con tres equipos: CB As Neves"B", Club Athlos de Ourense e CB Rachaplumas de Vigo.

Categoría sub-15:

- Masculina con cinco equipos: CB Thebes&Reale A Estrada ""A"" e "B", CB Rachaplumas de Vigo, Club Athlos de Ourense e Club do Mar de San Amaro de A Coruña.
- Feminina con cinco equipos: CB Thebes&Reale A Estrada, CB As Neves, CB Rachaplumas de Vigo, Club Athlos de Ourense e Club do Mar de San Amaro de A Coruña.

A competición vaise desenvolver en tres xornadas: a primeira o 17 de outubro de 2010 en As Neves, a segunda o 24 de outubro en Ourense e a terceira e última o 30 de outubro en A Coruña.

O CB As Neves é o máximo favorito na categoría absoluta e defende o título logrado a pasada edición mentres na categoría sub-15, o máximo favorito e defensor do título é o CB Thebes&Reale A Estrada. A presente edición preséntase de alto nivel se temos en conta que Galicia conta con tres equipos en Liga Nacional, o CB As Neves en división de honra e o CB Thebes&Reale A Estrada e Club do Mar de San Amaro en primeira nacional.

A primeira xornada vaise compoñer dun total de 22 encontros e un total de 110 partidos que se van disputar o domingo en horario de 10 a 19 horas. Este é o calendario da xornada do domingo en As Neves:

  • De 10 a 13:00 h.

Primeira división masculina:

Club do Mar "B" - CB Thebes&Reale A Estrada "A"
Club do Mar "A" - CB Troula
CB As Neves"A" - Independente RSL BC

Segunda división masculina:

Club Athlos - CB As Neves"B"
CB Rachaplumas - CB Thebes&Reale A Estrada "C"
Universidade Laboral - CB Thebes&Reale A Estrada "B"

Primeira división feminina:

Club do Mar - CB As Neves"A"

Segunda División Feminina:
CB As Neves"B" - Club Athlos

  • De 13 a 16:00 h.

Primeira División Masculina:

CB Thebes&Reale A Estrada "A" - Club do Mar "A"
CB Troula - CB As Neves"A"
Independente RSL BC - Club do Mar "B"

Segunda División Masculina:

CB As Neves"B" - CB Rachaplumas
CB Thebes&Reale A Estrada "C" - Universidade Laboral
CB Thebes&Reale A Estrada "B" - Club Athlos

Categoría sub-15 feminina:

Club do Mar - CB Rachaplumas
Club Athlos - CB Thebes&Reale A Estrada

  • De 16 a 19:00 h.

Primeira división feminina:

CB As Neves"A" - CB Thebes&Reale A Estrada

Segunda división feminina:

Club Athlos - CB Rachaplumas

Categoría sub-15 feminina:

CB As Neves- Club Athlos
CB Thebes&Reale A Estrada - Club do Mar

Categoría sub-15 Masculina:

CB Thebes&Reale A Estrada "B" - Club do Mar
CB Thebes&Reale A Estrada "A" - Club Athlos