Bo comezo de tempada para o CB Rachaplumas de bádminton

Imprimir

374cb rachaplumasArrancou a tempada con podiums para o CB Rachaplumas nas dúas saídas desta fin de samana. Por un lado Eva Murio desprazouse a Huelva para disputar a 2ª proba do Circuíto Nacional sub-13 con bo resultado xa que alcanzou o terceiro posto ao perder en semifinais ante a andaluza Belen Peña do CB Almería por 21-15 e 21-15.

Na outra competición, a 1ª proba do Circuíto Galego sub-15 que se disputaba en A Coruña o 10 de outubro o club desprazaba a 6 xogadores: Alejandro Rivadulla, Brais Vila, Lucia Coello, Laura Valverde, Ainoa Rial e Carla Mouriño e os resultados tamén foron bos.

En dobres mixtos sub-15, final viguesa con triunfo de Carla Mouriño/Brais Vila sobre Ainoa Rial/Alejandro Rivadulla. En dobres feminino sub-15: terceiro posto para Lucia Coello que formaba parella coa xogadora do CB Los Sauces Clara Forte. En individual feminino sub-15 terceiro posto para Carla Mouriño que perdía tres sets coa ourensana Sara Ezquerro. En individual masculino sub-15 terceiro posto para Brais Vila que perdía en dous sets ante o estradense Alejandro Nogueira.

Catro xogadores vigueses do cb Rachaplumas convocados para asistir a ao concentración galega do programa búscase campión en A Estrada

Os xogadores do CB Rachaplumas, Aan Belén Salgueiro, David Torres, Omar Vila e Eva Murio, foron convocados para asistir á Concentración Galega do Programa Se Busca Campeón que terá lugar o martes día 12 de outubro no CGETD de Galicia dá Estrada xunto a outros deportistas dos clubs galegos, Club Athlos de Ourense, Club do Mar de San Amaro de A Coruña, CB As Neves e CB Thebes&Reale A Estrada e dirixida polo técnico Rafael Vázquez.