rafa vazquez-jugadores cb rachaplumasO CB Rachaplumas continúa coa súa pretempada e o 14 e 16 de setembro vaise desprazar ao Centro Especializado de Tecnificación de Galicia (CETD), en A Estrada, con 7 xogadores para continuar a preparación desta tempada.

Despois de contar dous días en Vigo co técnico do CETD Galicia, Rafael Vázquez, os xogadores do CB Rachaplumas desprázanse á Estrada para traballar dous días xunto a a xogadores do CB Thebes&Reale A Estrada e do CETD de Galicia.

Os xogadores que despraza o club (Eva Murio, Lucía Coello, Laura Valverde, Carla Mouriño, Alejandro Rivadulla, Brais Vila e José Manuel Castro) van traballar de 16:30 a 19:30 horas os dous días xunto a varios campións de España sub-15, os estradenses Pablo Sanmartin, Xoel Liñares e José Manuel Padín.

Esta preparación vén enmarcada dentro do programa que estableceu o club para preparar as saídas ao Circuíto Nacional e ao Campionato de España sub-15 e sub-13 co obxectivo de alcanzar algún posto no podium.