badmintonnacional22.2.10O sábado 15 de maio de 2010 celebrarase a derradeira xornada clasificatoria do Campionato Escolar de Bádminton, Trofeo Concello de Vigo, na pista Vermella do IMD das Travesas de Vigo cun cento de participantes.

A competición dispútase nas categorías Benjamín, Alevín, Infantil e Cadete de 9:30 a 14:00 h.

Nesta proba tomarán parte as seguintes entidades de Vigo: IES Cotobade, CB Rachaplumas, EMD de Vigo, Colexio Monterrey, Colexio Carmelitas, Colexio Martín Codax, IES Manuel Antonio e IES de Teis.

A competición está organizada polo Club Bádminton Rachaplumas e a Concellaría de Deportes do Concello de Vigo e conta coa colaboración do IMD de As Travesas, o Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra de la Xunta de Galicia e a Fundación VIDE.

Despois desta xornada os mellores clasificados disputasen a fase final do campionato con motivo do IV Trofeo Concello de Vigo, que tamén é I Memorial Luis Miró o sábado 5 de xuño de 2010.