• 1
  • 2

O Concello instala unha nova pista flotante na Vermella e mellora o parqué do Central das Travesas

O Concello instala unha nova pista flotante na Vermella e mellora o parqué do Central das Travesas

04 Agosto 2017

O complexo deportivo das Travesas, dependente da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, mellora as súas instalacións. A Pista Vermella mudou o vello solo sintético por parqué flotante. O custo da reforma do polideportivo no que teñen a súa base o Maniotas (ximnasia rítmica) e Bádminton Rachaplumas, entre outras entidades, foi duns 98.000 euros. Iniciouse no verán para non interferir coas competicións e rematouse en menos dos tres meses previsto no prego de condicións.

Ler máis...

Manel Fernández aposta por organizar tres campus VIDE, nas Travesas, ETEA e Samil, para potenciar a oferta polideportiva

Manel Fernández aposta por organizar tres campus VIDE, nas Travesas, ETEA e Samil, para potenciar a oferta polideportiva

20 Febreiro 2017

A Fundación VIDE, entidade que preside o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou un salto cualitativo e cuantitativo na programación de campamentos polideportivos de verán.  

Ler máis...

campo samilSeiscentos nenos e nenas do programa municipal de escolas deportivas compiten este sábado 4 no complexo de Samil como peche da tempada (de 10:00 a 14:00). A clausura no Armando Cajaraville das escolas de fútbol 7 e fútbol 8 é a terceira máis importante en número de deportistas de cantas fixéronse nestas semanas.

 

alcalde manel xadrezO alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, felicitaron onte ao campión galego sub 10 de xedrez, o vigués Xulio del Prado, de 9 anos. Durante o encontro, o rexedor animouno a seguir avanzando nesta disciplina, recoñecéndolle o papel destacado que tamén tivo no campionato de España.

 

alcalde manel pedalinaAbel Caballero  e Manel Fernández invitaron á cidadanía a sumarse esta fin de semana á Pedaliña, que programa actividades lúdicas e formativas este sábado no Castro e, o domingo, unha marcha ciclista de 21 quilómetros pola cidade.

 

manel patinaxeEspectacular a exhibición das escolas de patinaxe do ‪‎Carpa‬ Grupo Viqueira, no peche do curso 2015/16 do programa municipal no pavillón de Bouzas. O presidente de VIDE e concelleiro de Deportes de ‪‎Vigo‬, Manel Fernández, aplaudiu o traballo da entidade.

 

manel maisqueaugaMáis que Auga renovou o seu apoio a varios dos mellores deportistas vigueses nunha clara vocación polos deportes adaptados, coa asistencia do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Férnandez.