• 1
  • 2

A Fundación VIDE suma dende 2014 un total de 100.000 euros de investimento nas bolsas para deportistas individuais sub-23

A Fundación VIDE suma dende 2014 un total de 100.000 euros de investimento nas bolsas para deportistas individuais sub-23

13 Decembro 2018

A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) entregou esta semana vinte bolsas por un total de 20.000 euros e suma deste xeito 100.000 euros de achegas a deportistas en idade sub-23 dende 2014 (modalidade individual, en parella, trío ou cuarteto). E coma é habitual, houbo un acto de entrega simbólica dun cheque para os vinte e tres elixidos.

Ler máis...

Vigo en Deporte súmase hoxe ao Día Europeo de Fundacións e Doantes, xornada que reivindica a forza do sector e que se celebra por sexto ano consecutivo

Vigo en Deporte súmase hoxe ao Día Europeo de Fundacións e Doantes, xornada que reivindica a forza do sector e que se celebra por sexto ano consecutivo

01 Outubro 2018

Por sexto ano consecutivo, o día 1 de outubro celébrase o Día europeo de fundacións e doantes, unha iniciativa promovida por DAFNE (Donors and Foundations Networks in Europe) e que a Asociación Española de Fundaciones (AEF), da que forma parte a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) dende o seu nacemento, impulsa en España.  

Ler máis...

IMG 2558Sexto Nadal consecutivo co fútbol 8 (categorías prebenxamín, benxamín e alevín) e o fútbol 11 (infantil) como protagonistas nunha acción co pulo do Concello e a organización de Afavi, a Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo, e da Fundación VIDE.

 

IMG 3456AAta dezaseis deportistas vigueses, once homes e cinco mulleres, de cinco modalidades (bádminton, ximnasia acrobática, tenis, tríatlon e vela), presentaron un currículo internacional espectacular con dous campionatos do mundo de vela (Martín Wizner en 420 junior en Fremantle e Tone Pérez e Laura Llópiz na categoría mixta de Vaurien en Travemunde).

 

IMG 3390O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou hoxe o Trofeo Cidade de Vigo de kárate, que se celebra este sábado (17:00 horas, Pavillón Pablo Beiro de Bouzas) que un ano máis patrocina o Concello e organiza a Asociación Deportiva Zanshin.

 

1523538262ClubsDeportivosO Concello de Vigo abriu o prazo para que as entidades organizadoras de eventos poidan solicitar datas do primeiro semestre do 2019 para as súas competicións.

 

IMG 3031aO alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu a unha representación dos clubs que participarán na Liga Concello de Vigo 18/19 de fútbol 8, prevista os sábados dende o vindeiro 10 de novembro ata o 1 de xuño no complexo deportivo municipal de Samil.