• 1
  • 2
  • 3

Hyupersa Vigo e a Fundación VIDE entregan 38.000 € aos clubs do programa Siareiros co sorteo dunha moto scooter

Hyupersa Vigo e a Fundación VIDE entregan 38.000 € aos clubs do programa Siareiros co sorteo dunha moto scooter

20 Xuño 2018

A campaña de apoio ao deporte local lanzada por Hyupersa Vigo, concesionario oficial de Hyundai na cidade, e a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) concluíu con éxito irresistible: unha achega de 38.000 euros para un total de trinta e seis clubs adscritos ao programa Siareiros por un premio dunha scooter KSR Classic 125.  

Ler máis...

O Concello instala unha nova pista flotante na Vermella e mellora o parqué do Central das Travesas

O Concello instala unha nova pista flotante na Vermella e mellora o parqué do Central das Travesas

04 Agosto 2017

O complexo deportivo das Travesas, dependente da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, mellora as súas instalacións. A Pista Vermella mudou o vello solo sintético por parqué flotante. O custo da reforma do polideportivo no que teñen a súa base o Maniotas (ximnasia rítmica) e Bádminton Rachaplumas, entre outras entidades, foi duns 98.000 euros. Iniciouse no verán para non interferir coas competicións e rematouse en menos dos tres meses previsto no prego de condicións.

Ler máis...

Manel Fernández aposta por organizar tres campus VIDE, nas Travesas, ETEA e Samil, para potenciar a oferta polideportiva

Manel Fernández aposta por organizar tres campus VIDE, nas Travesas, ETEA e Samil, para potenciar a oferta polideportiva

20 Febreiro 2017

A Fundación VIDE, entidade que preside o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou un salto cualitativo e cuantitativo na programación de campamentos polideportivos de verán.  

Ler máis...
Reparto dorsalesRematou a noite do domingo o prazo prorrogado de inscrición para a XII San Silvestre solidaria de Vigo co récord de participantes asegurado.
 
En total, 4.597 atletas de todas as idades. Son, por exemplo, 1.096 inscritos máis que os que haberá na VII San Silvestre da Coruña, de 7.000 metros (a viguesa é de 4 quilómetros) e na que os inscritos tiñan que pagar 10 euros (a de Vigo, totalmente gratuíta).
 

 
IMG 9964webA organización da cuarta edición do Torneo de Nadal Concello de Vigo, de fútbol 8 (prebenxamín, benxamín e alevín) e fútbol (infantil) xa conta cos calendarios dunha competición que arrincará o vindeiro luns 26 e que rematará coas súas finais e o torneo autonómico de campións para categoría alevín o venres 30.
 

 
Decathlon webA entrega de dorsais para a San Silvestre viguesa comezará o vindeiro luns 26 e non hoxe. Finalmente así o decidiu a organización da proba atlética non competitiva tras terse ampliado o prazo de inscrición ata o vindeiro domingo 25.
 

 
Braveheart webA organización da San Silvestre viguesa, proba fixada para o vindeiro día 31 con saída en Areal (17:00 horas), decidiu prorrogar o prazo de inscrición ata o día de Nadal, domingo 25. A Concellería de Deportes entende que aínda hai moitos indecisos e optou por manter o prazo aberto unha semana máis.
 

 
Bolseiros webVinte e dous deportistas sub 23, once mulleres e outros tantos homes, recibiron onte polo serán, no salón de actos da Casa Galega da Cultura, unha axuda económica total de 20.000 euros da Fundación Vigo en Deporte (VIDE) polos seus éxitos deportivos na tempada 2015/16.