• 1
  • 2
  • 3

Sesenta e dous deportistas solicitaron unha bolsa da Fundación VIDE para deporte individual, dúos, tríos e cuartetos

Sesenta e dous deportistas solicitaron unha bolsa da Fundación VIDE para deporte individual, dúos, tríos e cuartetos

06 Decembro 2018

As bolsas VIDE individuais, de dúos, tríos e cuartetos sub-23 concederanse este mes despois de que fosen evaluadas todas as solicitudes. Un total de 62 deportistas presentaron a documentación, representando a dezasete modalidades deportivas (motociclismo, vela, ximnasia, natación, natación artística, atletismo, taekwondo, ciclismo, esgrima, pádel, kick boxing, judo, squash, esquí náutico, motonáutica, patinaxe artística e golf).

Ler máis...

Conta atrás para unha nova edición do Torneo de Nadal de fútbol formativo

Conta atrás para unha nova edición do Torneo de Nadal de fútbol formativo

01 Decembro 2018

Sexto Nadal consecutivo co fútbol 8 (categorías prebenxamín, benxamín e alevín) e o fútbol 11 (infantil) como protagonistas nunha acción co pulo do Concello e a organización de Afavi, a Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo, e da Fundación VIDE.

Ler máis...

Vigo en Deporte súmase hoxe ao Día Europeo de Fundacións e Doantes, xornada que reivindica a forza do sector e que se celebra por sexto ano consecutivo

Vigo en Deporte súmase hoxe ao Día Europeo de Fundacións e Doantes, xornada que reivindica a forza do sector e que se celebra por sexto ano consecutivo

01 Outubro 2018

Por sexto ano consecutivo, o día 1 de outubro celébrase o Día europeo de fundacións e doantes, unha iniciativa promovida por DAFNE (Donors and Foundations Networks in Europe) e que a Asociación Española de Fundaciones (AEF), da que forma parte a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) dende o seu nacemento, impulsa en España.  

Ler máis...

40anosceltalaura

A Fundación Vigo en Deporte continúa dando pasos en apoio do deporte local. Así, VIDE tamén apoia o 40 aniversario celeste, ao que achega loxística e coordinación coa Concellaría de Deportes ademais de voluntarios.

Dende que en maio pasado se puxo en marcha o programa de actos co partido internacional feminino España-Cuba, VIDE tivo presenza activa tanto na comisión organizadora coma na loxística de cada evento, mesmo coa participación directa do presidente da fundación, Xabier Alonso, e da directora xerente, Laura Magdalena.

 

 

XII Campus VIDE: do 27 de xuño ao 1 de xullo do 2011.

O campus polideportivo é unha iniciativa do Concello que a Concellería de Deportes e o Instituto Municipal dos Deportes puxeron en marcha no ano 2000 e que, unha vez creada a Fundación VIDE, se encomendou a súa organización a esta conxuntamente co IMD. Nesta actividade, desenvolvida no complexo deportivo das Travesas, búscase que os nenos e nenas de entre 8 e 14 anos gocen dun bo número de deportes de sala, impartidos por técnicos dos principais clubs da cidade, pero tamén que convivan durante oito horas diarias e aprendan os valores do deporte. Ademais, a excursión ás Illas Cíes, obrigatoria cada verán, supón para moitos dos participantes un bautismo de mar e a posibilidade de coñecer a praia máis fermosa do mundo, segundo a definiu o xornal británico "The Guardian" o ano 2007.

campus09

 

fotomundialhockey2

Vigo. El equipo español de hockey sobre patines, que este sábado se proclamó brillantemente campeón del mundo en el Ifevi, será recibido este martes 14 de julio por el secretario de Estado para el Deporte, Jaime Lissavetzky.

 

A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) abrirá o 1 de febreiro o prazo para optar ás bolsas de deportistas individuais. Por oitavo ano consecutivo, VIDE premiará economicamente a traxectoria deportiva en 2009 d@s mellores vigues@s nas disciplinas individuais, e durante todo febreiro espera recibir máis de oito decenas de historiais.

 

 

Memoria 2008 (2.82 MB)