• 1
  • 2
  • 3

A emocionante Liga Concello de Vigo de natación escolar está de volta este domingo na piscina municipal do Carme coa disputa da segunda xornada

A emocionante Liga Concello de Vigo de natación escolar está de volta este domingo na piscina municipal do Carme coa disputa da segunda xornada

20 Marzo 2019

A Liga Concello de Vigo de natación escolar, organizada polo Club Natación Vigo Rías Baixas co patrocinio da Concellería de Deportes, regresa este domingo (9:00 horas) á piscina do Carme, no complexo das Travesas. A segunda das tres xornadas desta sexta edición reunirá aos centros de ensino de Vigo en disputa de dúas categorías, Promesas (nadadores nacidos en 2011, 2012 e 2013) e Benjamines (nacidos en 2007, 2008, 2009 e 2010).

Ler máis...

A Fundación VIDE suma dende 2014 un total de 100.000 euros de investimento nas bolsas para deportistas individuais sub-23

A Fundación VIDE suma dende 2014 un total de 100.000 euros de investimento nas bolsas para deportistas individuais sub-23

13 Decembro 2018

A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) entregou esta semana vinte bolsas por un total de 20.000 euros e suma deste xeito 100.000 euros de achegas a deportistas en idade sub-23 dende 2014 (modalidade individual, en parella, trío ou cuarteto). E coma é habitual, houbo un acto de entrega simbólica dun cheque para os vinte e tres elixidos.

Ler máis...

Vigo en Deporte súmase hoxe ao Día Europeo de Fundacións e Doantes, xornada que reivindica a forza do sector e que se celebra por sexto ano consecutivo

Vigo en Deporte súmase hoxe ao Día Europeo de Fundacións e Doantes, xornada que reivindica a forza do sector e que se celebra por sexto ano consecutivo

01 Outubro 2018

Por sexto ano consecutivo, o día 1 de outubro celébrase o Día europeo de fundacións e doantes, unha iniciativa promovida por DAFNE (Donors and Foundations Networks in Europe) e que a Asociación Española de Fundaciones (AEF), da que forma parte a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) dende o seu nacemento, impulsa en España.  

Ler máis...

atletismoUnha atleta do Circuíto de Carreiras Populares Cidade de Vigo, convocada para os Europeos de cross en Dublín. Solange Andreia Pereira, do Playas de Jandía canario, nada en Portugal, que vive no Morrazo e nacionalizada española, defenderá á selección estatal nos vindeiros Europeos de campo a través que se correrán en Dublín (Irlanda) o 13 deste mes. Solange, nada en 1989, foi chamada para a proba promesa.

 

vigocupA Fundación Vigo en Deporte, como organizadora da Vigo Cup, torneo internacional de fútbol base, estableceu as datas para a edición de 2010, que será a décima, novena baixo o manto de VIDE.

 

solangeA cuarta Subida ao Castro converteuse en proba de enorme interese para o desenlace do circuíto de carreiras populares Cidade de Vigo. Logo de disputadas tres probas e a falta de dúas para que conclúa esta primeira edición do evento (a IV Subida e a tradicional Carreira do Pavo), o apertado das clasificacións xerais deu unha posición privilexiada á proba dos 357 chanzos, que se disputará o 12 de decembro ás 12.00 horas con saída no Náutico e chegada ao castelo do Castro.

 

pavorecortadaO Circuíto Cidade de Vigo decídese en Nadal en cuestión dunha semana. A Subida ao Castro (sábado 12 de decembro) e a Carreira do Pavo (20 decembro) determinarán o primeiro gañador do circuíto en cada unha das categorías en xogo, unha iniciativa da Concellería de Deportes e da Fundación VIDE.

 

gerenteLaura Magdalena acaba de cumprir este mes dous anos como directora-xerente da Fundación Vigo en Deporte. Nesta etapa, VIDE non só apoia aos clubs e deportistas, senón que se converteu nun elemento dinamizador principal ao pórse á cabeza da organización de grandes eventos.