Colaboradores

SIAREIR@S é un programa de apoio aos clubs deportivos da cidade de Vigo, a través da promoción das súas actividades. O principal obxectivo de SIAREIR@S é conseguir incrementar o número de soci@s de cada club da cidade, para consolidar a traxectoria deportiva destas entidades, nunha cidade cimentada nos valores deportivos da honestidade, o esforzo e a saúde.

Baixo o lema Somos Siareir@s, somos deporte, complementario do xeral que aporta a Concellería de Deportes (Vigo, terreo de xogo), esta é unha iniciativa única en toda España, que aglutina a unha parte importante dos clubs deportivos de Vigo a través dun proxecto definitivo, o cal amosa a todos os vigueses e viguesas a meirande oferta deportiva local.

 

Folla inscrición siareiros

 

PREZOS ABONOS DO PROGRAMA SIAREIROS ELITE 18/19

 

Xubilado/pensionista:40 €

Individual: 50 €

Familiar (máximo 5 persoas): 150 €

 

* Menores  16 anos gratuito

 

 

125logo-siareiros