Hoxe sábado, disputouse a terceira xornada do Torneo do Nadal Concello de Vigo de fútbol e fútbol 8, que correspondía ao pasado mércores día 30, e aprazouse por mor das malas condicións meteorolóxicas. 

 

A partir do luns, 4 de xaneiro, disputaranse as fases finais e de consolación do Torneo do Nadal Concello de Vigo 2015/16 de fútbol e fútbol 8.

 

Horarios da terceira xornada do Torneo Nadal Concello de Vigo, aprazada ao sábado 2 de xaneiro, debido ás malas condicións meteorolóxicas do pasado mércores. A categoría mini, que tiña que comezar o mércores empezará, polo tanto, o sábado.

 

A organización do III Torneo Concello de Vigo de fútbol e fútbol 8, evento patrocinado pola Concejalía de Deportes, decidiu aprazar a xornada de onte mércores, terceira do torneo, polas malas condicións meteorolóxicas.  A xornada, que tiña programados 89 partidos, xogarase íntegra este sábado 2 de xaneiro nos mesmos campos inicialmente previstos. Ao longo da tarde de onte a organización estivo confeccionando os novos calendarios desa data, que decidirán todos os clasificados para a fase final, prevista para o luns 4 e o martes 5.