tnadal2015 43Dende as 10 horas de hoxe estanse a xogar tanto as finais de consolación como as finais polo título das catro categorías que compoñen o Torneo de Nadal Concello de Vigo. Ao igual que onte, o fútbol de base ten que loitar contra as condicións meteorolóxicas, o que lle dá un plus de emoción.

O campo municipal rexistra un cheo para esta xornada na que oito equipos de sete clubs buscan o título, con dous deles intentando revalidade o triunfo de 2014. Se o Coruxo conquista as dúas finais nas que está inmerso, será o equipo que máis títulos sume nesta edición.

Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, asiste a esta xornada final xunto co propio alcalde da cidade, Abel Caballero.

Galería fotográfica