Imprimir

Os campións do Torneo Concello de Vigo de Nadal empezan sen dar respiro aos seus rivais

torneo nadal lunesOs campións do Torneo Concello de Vigo de 2014 empezaron con plena solvencia esta terceira edición do evento futbolístico que reúne finalmente a 151 equipos de Vigo e da súa área de influencia, ao caer a última hora o equipo benxamín do C.D. Nieto.

A primeira xornada xa resultou de por si un éxito. Con noventa e catro partidos disputados de fútbol e fútbol 8 e absoluta normalidade nos campos controlados por preto de corenta coordinadores e voluntarios, ningún defensor do título fallou.
Houbo que lidiar co tempo, que asustou pola mañá mesmo a numerosos pais preocupados pola alerta laranxa. A organización, en contacto con Meteogalicia, descartou aprazar partidos pois os informes daban unha notable melloría a partir das tres da tarde como así aconteceu.

Así, doce campos da cidade -Meixoeiro, A Pirucha (San Miguel de Oia), A Guía (Teis), A Bouza (Coia), Fragoselo (Coruxo), Penedo da Moo (Matamá), As Relfas (Sárdoma), Cotogrande (Cabral), A Gándara (Valladares), José Costas (Candeán), Baltasar Pujales (Bouzas) e Monte da Mina (Castrelos)- recibiron os equipos pola tarde.

Coa novidade de que en prebenxamín e benxamín non resultaría, solo suma final de puntos (dous puntos por vitoria en cada un dos catro cuartos) para evitar marcadores escandalosos nada educativos, o Sárdoma impúxose por 6 puntos a 2 ao Areosa en prebenxamín, mentres que outro campión, o Victoria, facíase con todos os cuartos e embolsábase os 8 puntos en xogo a custa do Castrelos, que non puntuaba. O Celta, gañador en 2013, facía o propio contra Sárdoma e fronte ao Teis, marcando así o seu territorio.

En categoría alevín, onde si se contabilizan xa os goles, o campión daba un dobre puñazo sobre a mesa no grupo 1, con sede en A Guía. O Coruxo quere repetir torneo e abateu ao Sárdoma (3-0) e ao Victoria C (6-0). O Celta, campión en 2013 e no grupo de favoritos, comezou de modo contundente ao golear ao Val Miñor (15-0) no grupo 8 no Meixoeiro.

E en infantís, o Coruxo comezou facéndolle un set (6-0) ao Sárdoma e demostrando que desexa outro nadal de cor verde.

Historial / Campións

  2013 (*) 2014
Prebenjamín Gran Peña Sárdoma
Benjamín Celta Victoria
Alevín Celta Coruxo
Infantil - Coruxo

(*) Fútbol 7. 

Galería fotográfica