O Museo Verbum acolleu onte o acto de entrega de premios do Circuíto de Carreiras Populares

ganadorescarreiraspopularesFesta do atletismo no Museo Verbum -  Casa das Palabras. Entregáronse os premios do circuíto de Carreiras Populares de Vigo na súa primeira edición. Un acto que contou coa asistencia do Concelleiro de deportes e presidente de VIDE, Xabier Alonso, a Directora Xerente de VIDE, Laura Magdalena, e o Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Eleuterio García.

Os atletas Daniel Bargiela e Marta Fernández alzáronse como os campións en categoría absoluta.

O circuíto será ampliado no ano 2010 a sete probas, tres máis que na pasada edición e comezará o próximo 21 de marzo coa disputa dos 10 quilómetros Universidade de Vigo.