O Octavio presenta a Borja Méndez en VIDE

octavioBorja Méndez foi presentado onte, na sede da Fundación Vigo en Deporte, como primeira fichaxe da nova era do club. "É un pracer xogar no Octavio" sinalou o mozo central nacido en Vigo e que cumprirá a maioría de idade o próximo mes de setembro. Javier Rodríguez, Cerillo e Jabato, foron os encargados de presentar á nova incorporación ao novo Octavio onde o vigués, procedente do Lavadores, está chamado a ser unha das pezas claves.