A deportividade do Liceo Sport, exemplo da filosofía dun torneo cun solo expulsado en 99 partidos

vigocup2014__2Magnífico inicio da Vigo Cup. Primeira xornada, noventa e nove partidos e un solo expulsado (en sub 12) por protestar. A Vigo Cup é un torneo diferente. Búscase o triunfo pero tamén a plena convivencia, de aí o seu éxito.

Esa mesma filosofía a ofrece tamén o forasteiro Liceo Sport madrileño. No seu terceiro ano consecutivo participando (e visitando a cidade e as súas praias), o conxunto capitalino, que trouxo tres equipos, debutou onte con derrota clara ante o Gran Peña en categoría sub 10.

Os liceístas xogan con xente moi nova -é dicir, con desvantaxe de idade e, polo tanto, física- e aínda así os seus futbolistas pelexan de principio a fin sen perder a ilusión. Ao descanso perdían 4-1 e na bancada os seus compañeiros e seguidores berraban o "si se pode" de ánimo de forma incansable. E tiveron premio aínda que fose parcial. Perderon o partido pero gañaron a quenda de penaltis (eliminatoria do Torneo Warrior) ante os grampeñistas e festexárona como unha final.

Cada ano coñecen un pouco máis de Vigo e do seu ámbito. E gústalles. Deporte e promoción turística, da man.