Comeza a Vigo Cup, con Celta, El Olivo, Victoria e Santa Mariña dispostos a defender título

vigocup_13A Vigo Cup, evento que organiza e patrocina o Concello de Vigo a través da Concellería de Deportes, a Fundación VIDE e o IMD, xa está en marcha e ata o domingo, coas finais de Balaídos, celebraranse 432 partidos de fútbol 7 e fútbol. Con todas as competicións iniciadas hoxe mesmo para categorías sub 7, sub 8, sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16, todas mixtas, a de Damas pechará esta primeira data a partir das 21:00 horas. Era unha petición do fútbol feminino ao contar con moitas xogadoras que traballan, pois a categoría carece de límite de idade. Doce horas antes xa haberá partido en Cotogrande e A Bouza (Coia).

O trofeo internacional creouse para ofrecer en verán un torneo de referencia a nivel de fútbol base, cos equipos de Vigo e a súa área de influencia enfrontándose a rivais do norte de Portugal e doutras comunidades autónomas. Un ano máis, esta premisa cúmprese e 47 clubs participarán na décima edición, con presenza de vinte e nove entidades locais, dez doutro municipios da provincia (Pontevedra, Redondela, Mos, Salceda de Caselas, Salvaterra, A Garda, Tui, Nigrán e Gondomar), cinco de Portugal e tres doutras comunidades autónomas (Asturias, Castilla-León e Madrid).

Ás 9:00 horas dá comezo a primeira das sete xornadas que esperan, cun centenar de partidos en liza previstos para hoxe luns. Cristo de la Victoria (sub 7), Real Club Celta (sub 10 e sub 12), Santa Mariña (sub 14) e El Olivo (Damas) pretenden defender os seus éxitos de 2013 aínda que certo é que a súa empresa parece complicada pola grande competencia que espera. En sub 8, nin campión (Areosa) nin subcampión (Coruxo) inscribiron equipo neste grupo de idade, que queda aberta para dar outro vencedor, o que igualmente pasa na división sub 16, pois Celta e Clínicas Sas, campión e finalista o verán pasado, tampouco participan.

Precisamente esta categoría non só aparece agora como unha competición moi aberta, aínda que outorgue opcións para o Areosa, tradicional campión entre 2008 e 2012. Os equipos portugueses puxeron os seus miras nesta idade e catro dos cinco clubs que se veñen do país veciño inscribíronse nela. Futebol Clube dá Foz, que participa por vez primeira, GOE Portugal, Fernando Pires e Palmeiras (outro conxunto luso novato no torneo vigués) competirán con Areosa e co Alertanavia, o herdeiro natural do Alerta gañador en 2007. É esta, dende logo, a categoría máis internacional: Vianense (2001) e Salgueiros (2004 e 2005) xa venceron en la mesma. Agora toda a presión recae no Areosa, que en Cotogrande se mide hoxe ao Coruxo B no grupo E (12:00).

Mentres, os defensores do título tampouco esperan. O Victoria (sub 7) comeza en O Vao ás 10:15 fronte ao San Miguel. En Coruxo dispútase a sub 7 e sub 8 ao completo, con vinte e trés encontros hoxe. En sub 10, El Celta empeza na sesión vespertina, as 18:00 horas ante o Sárdoma B en As Relfas, o campo sardomista. A Pirucha, o campo do San Miguel, recibe o primeiro partido do vixente campión sub 12, o Celta, que llas verá co Campus Vigo 2015 ás 19:00 horas. E en Damas, El Olivo recibe o EDM Salceda ás 22:00 horas no municipal Pahiño.

O único campión que non disputa esta xornada será a Santa Mariña A, que en sub 14 espera ata mañá martes. Será no Baltasar Pujales boucense ás 17:30 ante Los Sauces.

Os equipos doutras comunidades tamén queren dar guerra. O Raio Carbayín pelexará en sub 12, o Liceo Sport madrileño en sub 10 e con dous equipos en sub 12, e o Xuventude Villaquilambre en sub 8; ademais, o portugués E.F. 115, un clásico de la Vigo Cup, aspira a facer un bo torneo en sub 12.

Arranca así o torneo máis importante do ano deportivo vigués por número de participantes (3.000), que segue sumando edicións á súa lenda: ningún equipo doutra comunidade autónoma ou Portugal gaña categoría ningunha dende que o Lorca conquistou a categoría alevín en 2002.