O club de Loita San Ignacio pechou a tempada 2013-2014 de loita en Galicia

34_loita_san_ignacioO Club de Loita San Ignacio celebrou, o pasado sábado no pavillón de Teis, o seu peche de fin de tempada coa festa do 34 aniversario da entidade deportiva viguesa. Os clubs de Vigo non se quixeron perder a evento, participando no mesmo, a pesar da calor sufocante para os deportistas. 2 tapices de 10 por 10 metros, foi o escenario do Trofeo.

Protección civil cumpriu unha vez máis colaborando no evento.

O record de participación foi do san Ignacio con 41 loitadores sobre o tapiz.

Clasificación por clubs:

1º San Ignacio (Vigo)
2º Ciudad de Vigo  (Vigo)
3º Kuzushi (Vigo)
4º Castro (Vigo)
5º Atila (Ourense)
6º Pontevedra (Pontevedra)

Copas mellores loitadores

Mellor Loitador Base: Moisés Bello  (San Ignacio)
Mellor Loitadora Base: Naiara Del Rio  (Atila)
Mellor Loitador: Javier Pérez  (San Ignacio)
Mellor Loitadora: Alba Rodríguez  (San Ignacio)


Combates por tapiz

Combates tapiz nº 1 44
Combates tapiz nº 2 40