Bo ritmo de inscricións na XIV Vigo Cup

vigocup_13Finalizado xa o prazo de inscrición para a décimo cuarta edición do Torneo Internacional de Fútbol Base Vigo Cup, os equipos están a ultimar as súas plantillas para preparar o torneo vigués por excelencia de fútbol e fútbol 7. Como cada ano, rexistrará unha cifra moi elevada de participación.

Unha edición máis, non falla a asistencia portuguesa así como outras comunidades autónomas como Asturia, Castilla ou Madrid onde a Vigo Cup está moi arraigada.

A organización está a cotexar actualmente os datos de inscricións e nos próximos días dará a coñecer a composición dos grupos para esta edición.

Vigo Cup 2014 disputarase do 30 de xuño ao 6 de xullo en diferentes campos da ciudade, coas finais no estadio municipal de Balaídos.