Quique Domínguez anuncia o seu adeus do Academia Octavio

quique_dominguezO adestrador do Academia Octavio os últimos 12 anos, Quique Domínguez,  anunciou onte a súa marcha do club vigués nunha emocionada rolda de prensa na Fundación VIDE.

quique_carmenAcompañado dos capitáns, Fran e Cerillo, e do presidente, Javier Rodríguez, selou o final dunha relación de dezaseis anos -catro como xogador e doce como adestrador-. "Sentinme valorado, querido e respectado. É algo que levo moi dentro", afirmou Domínguez nunha multitudinaria rolda de prensa.

De xeito moi especial, o pontevedrés quixo agradecer cun ramo de flores as mulleres que o acompañaron na súa etapa no Octavio, na fotografía con Carmen, a muller do presidente.