O goberno local achega 312.000 euros a oito entidades deportivas da cidade

firma_convenios_concelloO alcalde, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, rubricaron onte martes os convenios de colaboración por valor de 312.000 euros, un adianto dos 448.000 euros de subvención total que achega este ano o Concello de Vigo ao Sárdoma CF, o AMFIV, o Xuvenil de Teis, o Olivo, o Bosco, o Octavio, o Vigo Volei e o Vigo Rugby. Ademais, Caballero cifrou en 950.000 euros o apoio ao deporte de base vigués.

O rexedor indicou que a cantidade rubricada onte representa un primeiro pago aos clubes, realizado antes que en exercicios anteriores, para apoiar á actividade deportiva da cidade. O Concello mantén as subvencións aos equipos de élite da cidade e incrementa de 600.000 a 950.000 euros as achegas para o deporte de base.

Segundo os convenios asinados, o Sárdoma CF recibirá do Concello 10.000 euros; o AMFIV, 35.000 euros; o Xuvenil de Teis e o Olivo, 20.000 euros; o Bosco, 67.500 euros; o Academia Octavio, 90.000 euros; o Vigo Voleibol, 40.000 euros; e o Vigo Rugby, 30.000 euros.