Xa está en marcha o proceso de construcción do novo complexo deportivo de Navia

O Concello de Vigo deu luz verde ao proxecto de construcción, xestión e explotación do novo complexo, que contará con 8 pistas de pádel, un campo de fútbol 7 ou unha pista polideportiva, entre outras zonas deportivas e de saúde.

O rexedor local deu conta na mañán de onte da aprobación e posta en marcha do novo complexo que levará a Navia 8 pistas de pádel, unha pista polideportiva, un campo de fútbol 7, 4 salas de actividades, unha sala "fitness", unha piscina de 25x12.5 metros, outra de aprendizaxe e unha de tratamento con chorros. Ademáis, o proxecto, dotado cun presuposto de 9 millóns de euros, inclúe un acceso peatonal ao centro deportivo polo lado norte, cunha grande plaza que unificará os accesos ao pavillón polideportivo e ó campo de fútbol. Contará con 2 aparcamentos e zonas verdes. Caballero deu coñecemento de que xa se están facendo acopios precisos e de que o proxecto xa comezou a súa andadura.