O Amfiv busca seguir crecendo ante Getafe tras a súa inxección de moral en Badajoz

O conxunto vigués inaugurou o pasado sábado na cancha do Mideba Extremadura a súa cuadrícula de vitorias nesta Fase polo Título da División de Honra. Fíxoo cando peor pintaban as cousas, despois dunha semana moi complicada e con importantes ausencias e ante un rival de entidade. Non obstante, o conxunto de César Iglesias completaron un encontro excelente, no que todos e cada un dos seus xogadores achegaron o seu granito de area ao importante triunfo. Agora, os vigueses queren seguir nesa mesma liña e sumar a súa segunda vitoria este sábado no Pavillón de Bouzas (18.30 horas) ante o Getafe.

Porque o Amfiv continúa sin poder gozar dunha semana prácida de adestramentos. Santi Comesaña, a pesar de que evoluciona favorablemente dos seus problemas de saúde, non puido participar aínda nos adestramentos e Luismi González perdeuse igualmente por febre as sesións de luns e martes. Precisamente, ese adestramento do martes tampouco o puido finalizar Bernabé Costas, que se tivo que retirar mediada a parte física por molestias nas súas costas. Malia todo, César Iglesias non perden tempo en lamentarse e espera que o seu equipo volva mostrar fronte ao Getafe a pouta e a coraxe que exhibiu para sobrepoñerse a todas as adversidades en Badajoz.

"Foi unha semana na que estrañamos ás nosas ausencias, concentradas nesta ocasión nos puntos baixos. Así, non puidemos traballar o 5 x 5, a situación real de xogo, en condicións. Por se fose pouco, o martes retirouse do adestramento Bernabé Costas por problemas nas costas e esperamos que o sábado non se resinta e poida estar ao cen por cento durante o partido", destaca o adestrador vigués, quen recorda a importancia do triunfo logrado a semana pasada fronte ao Mideba. "Levantamos a moral despois das baixas e os problemas que tivemos e demostrámonos que con concentración e traballo podemos ser competitivos neste grupo. A vitoria en Badajoz é boa mostra diso", comenta César Iglesias.

A cita, como todas nesta Fase polo Título na que se ven as caras os oito mellores equipos de España, non será nada sinxela. O adestrador do Amfiv recorda o potencial dun conxunto como Getafe. Enfrontámonos esta semana a un rival que exerce un xogo similar ao noso, de defensas agresivas, e un baloncesto dinámico de contraataque bastante perigoso", analiza César Iglesias, quen subliña que "é un partido que pode darnos un empujoncito a nivel clasificatorio, e que nos axudará a calibrar as nosas posibilidades ante outro posible rival na Copa do Rei".

Os madrileños contan nas súas filas co segundo máximo anotador da División de Honra, o polaco Krzysztof Bandura, cunha media de 19,6 puntos por encontro. O técnico vigués non dubida ao sinalar que "é o seu máximo referente, no quinteto dun bo 3 como Amacher e un 3,5 moi alto como o suuizo Hafeli. Teñen un equipo máis longo que o noso saíndo do banco outro 4 de contrastada calidade e capacidade de anotación, como o iraniano Morteza Gharibloo, ex xogador do Amfiv". Ademais, César Iglesias non esquece de que "os seus puntos baixos como Fran Lara e Ryan Martin realizan un gran traballo para o equipo. Por iso, teremos que estar especialmente atentos a eles".