Gala de entrega dos premios do Circuíto Cidade de Vigo de Carreiras Populares 2013

pub_92_mO pasado venres celebrouse, nun cheo Auditorio Municipal, a Gala de entrega de premios do Circuíto Cidade de Vigo de Carreiras Populares 2013. Este acto, presidido polo alcalde, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, converteuse nunha festa do atletismo da cidade.

A Gala serviu ademáis de para premiar ós e ás mellores clasificados no circuíto, para recoñecer a dous históricos ilustres da modalidade como son Loli García e Alfonso Ortega por toda unha vida adicada ó atletismo.

Da mesma forma, recoñeceuse a constante colaboración da Policía Local, a Protección Civil e o Servizo de Voluntariado do Concello de Vigo co desenvolvemento das múltiples probas que se desenvolven na cidade ó longo do ano.

Máis imaxes...