Cabecera Vide

O campus de deportes de raqueta en Samil pecha tres semanas de campamentos de VIDE

campus samil1O segundo verán consecutivo dos campus de VIDE en tres complexos deportivos municipais funcionou como se esperaba: enorme aceptación, cuns 400 alumnos e alumnas na suma das tres accións, e éxito do modelo polideportivo posto en marcha polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o verán pasado.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu á xornada de clausura e felicitou aos e ás participantes, que durante esta semana coñeceron tres deportes, dous deles olímpicos: tenis, tenis de mesa e pádel. VIDE contou co apoio loxístico de Padel Cíes, a Federación Galega de Tenis e o Tenis de Mesa Vigo.

“Sodes os mellores do mundo”, sostivo o rexedor cando se dirixiu aos nenos nun acto de peche no que houbo entrega de diplomas de participación. O campus de Samil, do mesmo xeito que o da ETEA, celebrouse en horario matinal.

VIDE programaba un gran campus central nas Travesas cada verán dende o 2000 ata que o edil de Deportes decidiu estendelo a outros puntos da cidade con importantes dotacións deportivas. Con este pulo, os campus duplicaron a súa oferta de prazas e continúan enchéndose co apoio de Frutas Nieves, New Balance, Mar de Ons, Coca-Cola e Decathlon.