Aberta a inscrición do XVII Campus Polideportivo VIDE Concello de Vigo

campus cies 2015Aberto o prazo de inscrición do Campus Polideportivo da Fundación Vigo en Deporte, en colaboración coa Concellería de Deportes que lidera Manel Fernández. Esta edición, a décimo sétima, desenvolverase do 27 de xuño ao 1 de xullo, no Complexo Deportivo das Travesas.

No programa estrela de VIDE, os nenos e nenas poderán achegarse á práctica dos deportes, dende a iniciación ata o perfeccionamento da man das mellores entidades deportivas da cidade. Podendo desenrolar todos os deportes e posibilitando o coñecemento de varias actividades deportivas. 

Cerca de trinta monitoras e monitores encargaranse de impartir ensinos de baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol sala, hóckey a patíns, baloncesto en cadeira de rodas, piscina, béisbol, rugby, bádminton e ciclismo. Como ven sendo habitual, realizarase a excursión ás Illas Cíes que fomenta a interrelación dos nenos e nenas co medio ambiente e entre si, sendo unha das actividades máis celebradas nesa intensa semana deportiva.

O Campus Polideportivo conta con 200 prazas para nenas e nenos de 6 a 14 anos e o prezo e de 70 € (inclúe o xantar, unha pequena merenda a media mañá e un seguro privado). As actividades comezarán cada día as 9 h. e concluirán ás 18 h. Os participantes comen cos monitores nas instalacións do Pavillón de Travesas, fomentando así a plena socialización dos futuros deportistas vigueses.

Academia Octavio, RC Celta Baloncesto, CD Mosteiro Bembrive FS, Vigo Voleibol, Xuvenil Teis, Traviesas HC, Amfiv, Halcones de Vigo, Vigo Rugby, Bádminton Rachaplumas e Ciclista Vigués son as entidades deportivas colaboradoras no campamento.

Coca-cola, Frutas Nieves, Naviera Mar de Ons, Pizza Móvil, Movisa, ABC Clínica Dental, e New Balance son os patrocinadores privados comprometidos con esta iniciativa, que dá continuidade ao programa das escolas deportivas municipais e é un complemento máis na formación dos e das deportistas locais de base.

Se, unha vez obtida a praza e realizado o pagamento correspondente, a persoa interesada non pode asistir ao campamento, só terá dereito á devolución da cantidade aboada no caso de que se xustifique por escrito en VIDE, polo menos con 10 días de antelación ao inicio da actividade, e haxa motivos de forza maior debidamente acreditados.

Ata agora xa pasaron polo campus dende o ano 2000 preto de 3.000 rapaces e rapazas.

 

Folla de información