Xornada de clausura Campus Polideportivo

campuslunes 2A décimo sexta edición do Campus Polideportivo VIDE chega mañana a súa fin. Os douscentos nenos e nenas vivirán as súas últimas horas de deporte e convivencia cuha xornada de portas abertas na que pais, nais, avós... poderán comprobar por eles mismos como os seus nenos e nenas practican deporte da man dos mellores monitores dos clubs da cidade.

Ás catro da tarde abrirase o campus aos familiares. O grupo laranxa ,atoparase na pista vermella (baloncesto), o grupo vermello, na pista de rodamento (ciclismo), o grupo verde, no pavillón do Carme (hóckey a patíns), o amarelo, no frontón (fútbol sala).

A continuación, ás 17 horas, procederase á clausura o campus coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes e presidente de VIDE, Manel Fernández. Haberá sorteo de agasallos e entregaranse os dipolomas aos nenos e nenas.

Galería de fotos