Cabecera Vide

Aberta a inscrición do Campus Polideportivo VIDE

campus 14 biciEsta mañá abriuse o prazo de inscrición do Campus Polideportivo da Fundación VIDE, en colaboración coa Concellería de Deportes e co Instituto Municipal de Deportes (IMD).  Esta edición, a décimo sexta, desenvolverase do 22 ao 26 de xuño.

Iníciase xusto ao remate do período escolar e goza de recoñecido prestixio por ser unha idea común do deporte vigués, dado que nesta actividade figuran os principais clubs da cidade.

Cerca de trinta monitoras e monitores encargaranse de impartir ensinos de baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol sala, hóckey a patíns, baloncesto en cadeira de rodas, natación, béisbol, rugby, bádminton e ciclismo. Como ven sendo habitual, realizarase a excursión ás Illas Cíes, éste ano será o martes 23, patrocinada por Mar de Ons.  

O Campus Polideportivo conta con 200 prazas para nenas e nenos de 6 a 14 anos e o prezo e de 70 € (inclúe o xantar, unha pequena merenda a media mañá e un seguro privado) . As actividades comezarán cada día as 9 h. e concluirán ás 18 h. Os participantes comen cos monitores nas instalacións do IMD, fomentando así a plena socialización dos futuros deportistas vigueses.

Ata agora xa pasaron polo campus dende o ano 2000 preto de 2.800 rapaces e rapazas.

AÍNDA QUEDAN PRAZAS.

Folla informativa

Folla inscrición