Cabecera Vide

O presidente de VIDE, Manel Fernández, clausurou o Campus 2013 nas Travesas

clausura_campus_2013A décimo cuarta edición do campus polideportivo de VIDE rematou o venres, logo de catro días de actividade, coa entrega de diplomas e sorteo de agasallos do patrocinador Warrior aos 160 nenos e nenas inscritos. O concelleiro de Deportes do Concello de Vigo e presidente da Fundación Vigo en Deporte, Manel Fernández, e o representante de Warrior-Alfico, Pablo Tojeiro, foron os encargados de facer entrega dos agasallos do sorteo entre os e as participantes, que ademais recibiron tamén un diploma da organización pola súa asistencia.

O campus, destinado a nenos e nenas de 8 a 14 anos, contou co patrocinio de Frutas Nieves, Mar de Ons, Coca-Cola, Warrior-Alfico ademais da Fundación Vigo en Deporte, o IMD, a Concellería de Deportes e os patróns de VIDE (PSA Peugeot Citroën e o Concello de Vigo).

Ver galería de fotos...