Cabecera Vide

Técnicos de catro clubs de Vigo, como monitores no Campus Polideportivo Vide onde aínda quedan prazas

quiqueO próximo martes, día 25, arranca a décimo cuarta edición do Campus Polideportivo que organiza Vide en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de Vigo e o Instituto Municipal de Deportes. Unha edición máis, o campus estará dirixido polos mellores profesionais de catro clubs da cidade: Academia Octavio, Vigo Voleibol, Coruxo Fútbol Sala e Celta Bosco.

O Campus desenvolverase de martes a venres, en horario de 9 h a 18 h. Dezanove monitores encargaranse do bo funcionamento deste, coordinados pola adestradora superior de baloncesto nas filas do Bosco, Ana Álvarez.

Para esta edición aínda quedan prazas. O prezo é de 65 € co xantar incluído. O pago farase en efectivo no momento da inscrición.

Se desexas inscribir a un neno ou nena, descargate a folla de inscrición e fáinola chegar a sede da Fundación Vide, na Rúa Cesáreo González s/n (baixos do Pavillón das Travesas) en Vigo, en horario de 9 a 13.30 h.

 Folla informativa (447.76 kB)

 Folla de inscrición (2.18 MB)