Cabecera Vide

Aberto o prazo de inscrición para o Campus Polideportivo Vide

inscricioncampus1Esta mañá abriuse o prazo de inscrición para o décimo cuarto campus polideportivo de Vide, que se celebrará do 25 ao 28 de xuño nas instalacións do Instituto Municipal de Deportes (pavillón das Travesas). Un total de 200 nenos/as -de idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos- participarán, da man das mellores entidades deportivas da cidade, da práctica deportiva dende a súa iniciación ao seu perfeccionamento. As actividades deportivas que se levarán a cabo serán: baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol sala e hóckey a patíns. Para esta edición contamos coas actividades complementarias novas de cachibol e kimball e as xa habituais como son a piscina e a excursión ás Islas Cíes.

O horario do campus é de 9 h. a 18 h. de martes a xoves. O prezo é de 65 € (incluíndo a comida).

AÍNDA QUEDAN PRAZAS.