Celebrouse este venres 9 de abril a oitava edición da gala anual de entrega de bolsas VIDE aos e ás deportistas de Vigo.
O acto contou coa presenza de Santiago Domínguez, tenente de alcalde de Vigo e impulsor da Fundación VIDE no ano 2002, e os membros do comité executivo de VIDE: Pierre Ianni, director da planta de Vigo de PSA Peugeot Citroën; Xabier Alonso, concelleiro de Deportes do Concello de Vigo e presidente da Fundación VIDE; Jorge Santos, director de Infancia, Xuventude e Deportes de Caixanova; María José Táboas, directora de Relacións Externas de PSA Peugeot Citroën; e
VIDE entregou bolsas por valor de 30.000 euros, tras determinar por unanimidade nunha reunión no pasado mes de marzo os gañadores e gañadoras das mesmas. Para tomar a decisión estudouse a traxectoria deportiva no 2009 dos candidatos e candidatas a esta axuda e neste ano cunha premisa de saída: por en igualdade de condicións ás mulleres deportistas.
Ao final foron 19 bolseir@s, dez mulleres e nove homes, 14 deportes premiados entre base e elite.