Cabecera Vide

104 solicitantes na oitava convocatoria de bolsas da Fundación VIDE

becas-vide-2009Durante o mes de febreiro, a Fundación VIDE recibiu 104 solicitudes de bolsas polos resultados conseguidos pol@s deportistas da cidade durante o ano 2009. Por segunda oportunidade desde a creación destas axudas en 2003, o número de solicitudes de elite (54) supera ao presentado de base (50). En total, 55 homes e 49 mulleres.

Por modalidades deportivas, a vela (15 peticións de bolsa), o taekwondo (6) e o atletismo (5) son os deportes que máis solicitudes formalizaron en elite. En base, a ximnasia encabeza a presentación da documentación requirida (8), seguida pola loita (7), a vela (6), o motociclismo (5) e a natación (5).

No global, a vela é o deporte que máis bolsas elite e base solicitou, con 21 deportistas. En elite, 21 dos 54 solicitantes son mulleres, mentres que no deporte base a situación dá un envorco importante: 28 mulleres fronte a 22 homes, o que é signo evidente da puxanza do deporte feminino en idades máis novas.

Respecto d@s bolseir@s en 2009, VIDE recibiu solicitude de bolsas en 2010 de 15 dos 22 gañadores e gañadoras do premio económico da gala do pasado ano no Centro Social Caixanova. Será tamén escenario no vindeiro mes de abril da gala 2010, unha vez durante marzo decida os gañadores e as gañadoras das bolsas desta convocatoria.