Cabecera Vide

VIDE pon en marcha a convocatoria de axudas a deportistas vigueses de base en modalidade invidivual

Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, anunciou onte a apertura do prazo para participar na convocatoria de axudas a deportistas vigueses de base en modalidade individual, que se estenderá entre o 16 e o 31 de marzo. Son 20.000 euros que se repartirán en achegas de 1.000 euros.

Por segundo ano consecutivo, VIDE adica 20.000 euros a apoiar a vinte deportistas que auguren unha proxección inmediata ou futura para a alta competición. O programa ten por finalidade sufragar parte dos gastos ocasionados durante o período de adestramento, competicións, perfeccionamento ou adquisición de material. O prazo de presentación das solicitudes é desde o 16 ata o 31 de marzo, ambos inclusive, nas oficinas da Fundación VIDE.

Bases Bolsas 2015

Formulario Bolsas 2015