A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) abrirá o 1 de febreiro o prazo para optar ás bolsas de deportistas individuais. Por oitavo ano consecutivo, VIDE premiará economicamente a traxectoria deportiva en 2009 d@s mellores vigues@s nas disciplinas individuais, e durante todo febreiro espera recibir máis de oito decenas de historiais.

Os e as nad@s con posterioridade ao 1 de xaneiro de 1994 optarán a unha bolsa de Base dotada con 1.000 euros de premio, e @s maiores desa data poderán aspirar á de Elite, que se premia con 2.000 euros.

O Comité Executivo decidirá ao longo do mes de marzo sobre as solicitudes. Aínda que VIDE non marca máximos nin mínimos en canto ao número de bolseiros, senón que se decanta en función dos resultados; nos últimos anos a media de bolsas é de 22 anuais.

Dende 2003, VIDE repartiu algo máis de 170.000 euros nestas bolsas, uns 72.000€ só nos dous últimos anos, con Laura Magdalena de directora-xerente e Xavier Alonso como presidente.

 BASES (543.25 kB)

 FORMULARIO (267.5 kB)

374cartelbecas2010

Máis de 80 deportistas, beneficiarios directos das Bolsas VIDE

Dende 2003, cando a Fundación Vigo en Deporte puxo en marcha as bolsas a deportistas individuais, VIDE doou 172.700 euros, é dicir, 28,7 millóns das desaparecidas pesetas. Traducidos eses fondos en axudas, significan que 83 deportistas federados de Vigo recibiron axudas en sete anos, ben durante o seu período de formación (deportistas de base), ben para a competición de alto nivel (deportistas de elite). As bolsas base, que comezaron sendo de 750 euros para os deportistas de base (ata os 16 anos) e 1.500 para os de elite, pasaron a 1.000 e 2.000 euros, respectivamente, incremento dun 33% que se estableceu en 2008.

Ademais, a directora-xerente de VIDE, o seu presidente e o Padroado aprobaron unha bolsa específica para olímpicos e paralímpicos, é dicir, para aqueles atletas de calquera modalidade olímpica que acudan a uns Xogos de verán ou de inverno. Para Beijing 2008 repartíronse seis bolsas, tres delas para deportistas paralímpicos. Esa bolsa está dotada con 2.200 euros e nela non entran os deportistas olímpicos de equipo.

A setembro de 2009, o decatleta céltico David Gómez é o que máis doazóns recibiu da fundación (seis), pois sempre resulta entre os elixidos elite ininterrompidamente dende 2004, sumando 10.200 euros; tras el en número de anos conseguindo bolsa, a tenista Paola Garrido gañou bolsa de base en cinco oportunidades (4.000 euros).

Nome

Deporte

Doazón

Convocatorias

David Gómez

Atletismo

10.200

2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009

Andrea Rica

Taekwondo

7.000

2006, 2007, 2008, 2009

Chano Rodríguez

Natación

6.700

2003, 2004, 2005, 2008

Santi Pérez

Atletismo

6.700

2004, 2005, 2006, 2008

Isaac Vicente

Atletismo

5.500

2004, 2005, 2008, 2009

Eva Costas

Atletismo

5.500

2006, 2007, 2008, 2009

Juan Zunzunegui

Remo

5.200

2004, 2005, 2008

  Evolución bolsas VIDE (422.88 kB)