O júnior feminino do Baloncesto Seis do Nadal, campión da Segunda División feminina

Imprimir

seis baloncestoO conxunto júnior feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia proclamouse campión da Segunda División júnior jeminina o pasado sábado na final da competición disputada en Santiago de Compostela. O equipo adestrado por Andrés Álvarez conseguiu o ascenso a Primeira División quedando primeiro clasificado do Grupo Sur da Fase de Ascenso da Liga Segunda División.

A final disputouse ante o primeiro clasificado do Grupo Norte, o Star Center (Ferrol), e o equipo do Seis do Nadal - Coia levouse a vitoria cun marcador final de 40-59.

Desta forma, e tralo Ascenso a Primeira División conseguido fai dúas semanas, o Júnior Feminino do club remata da mellor maneira posible a presente tempada, proclamándose campión da Liga 2ª División da Federación Galega de Baloncesto.