Comunygal Administradores de Fincas, novo colaborador do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia nesta tempada 2015/2016

Imprimir

baloncesto seisComunygal Administradores de Fincas convertese na presente tempada 2015/2016 en novo Colaborador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Comunygal nace en Vigo en marzo do 2008 co obxectivo de aportar a profesionalidade, experiencia e coñecementos dos seus socios fundadores á Xestión das Comunidades de Propietarios.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, queren agradecer a confianza e todo o apoio depositado por parte de Comunygal ao proxecto deportivo do Club.

O equipo Infantil Feminino "A" do club que compite na Liga Primeira División Infantil Feminina 2015/16 e que levará o nome de Comunygal Seis do Nadal, visitou as instalacións e aos responsables de Comunygal, os cales desexáronlle moita sorte ás xogadoras neste final de tempada e déronlle moito ánimo para afrontar os últimos partidos da competición.