O Baloncesto Seis do Nadal-Coia visita aos nenos/as do Celso Emilio Ferreiro

Imprimir

XornadasPromocionCelsoEmilioFerreiro-3BEdPrimariaO Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou durante a primeira semana do mes de outubro a terceira edición do Torneo 3x3 Interclases no Colexio Celso Emilio Ferreiro coa colaboración da área de Educación Física de dito centro do barrio de Coia.

Os alumnos e alumnas das clases de cuarto, quinto e sexto de educación primaria do CEP Celso Emilio Ferreiro en Coia participaron na terceira edición do Torneo 3x3 Interclases co obxectivo de coñecer e achegarse á actividad do baloncesto, actividade que se desenvolve no centro os luns e martes de 16:00 a 17:00 horas.

En cada clase os propios alumnos e alumnas, coa axuda e apoio do profesor de Educación Física, fixeron os equipos de xogo e se asignaron un nome. O nome dos equipos do curso cuarto "A" de educación primaria foron: Os 4 guerreiros, Controlabolas, Os reis do baloncesto, Barça, Canastra e O raio do balón. Pola súa banda os nomes dos equipos de cuarto "B" de educación primaria foron: 1, 2, 3, 4, 5 e 6.

Os oito equipos que participaron na xornada de sexto de educación primaria foron Buldogs, Cobra, Mirla, Selección Española, Celta, Scarymovie, Galeones e Leóns, sendo o combinado de Scarymovie o equipo campión da xornada. En quinto de educación primaria participaron os conxuntos Patacas, Cebolas, Allos, Leitugas, Tomates, Espinacas, Millo Verde e Calabacíns, vencendo o equipo Patacas.

Preto de 150 nenos e nenas do CEP Celso Emilio Ferreiro participaron na terceira edición do Torneo 3x3 Interclases de promoción organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, iniciativa que achegou o baloncesto a tódolos alumnos e alumnas do centro vigués ademais de dar a coñecer tódalas normas de xogo e os fundamentos máis básicos de mans dun grupo de adestradaores e adestradoras da entidade de Coia.

Ademais neste inicio do novo curso escolar 2014/2015 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén visitou aos alumnos e alumnas de terceiro de educación primaria do CEP Celso Emilio Ferreiro, levando a cabo nas súas clases de Educación Física actividades e xogos de iniciación ao baloncesto.