Cabecera Vide

Dous ouros e un bronce para o Vigo Squash no Nacional sub-15 e sub-11

vigo squash Marta Dguez feb 16O Club Vigo Squash alzouse con tres medallas no Campionato de España sub-15 e sub-11, celebrado na localidade barcelonesa de Igualada a pasada fin de semana. Marta Domínguez, gañou a medalla de ouro na categoría sub-15, e Hugo Mon foi o campión na categoría sub-11. A medalla de bronce foi para Sofía Pérez, en categoría sub-15. Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, mostrouse satisfeito con este bo comezo de campaña do Vigo Squash, que confirma o bo traballo que ven realizando a prol do deporte vigués.

Na fotografía, o podio da categoría feminina en sub-15 con Marta Domínguez como campioa.