O deportistas do Vigosquash brillaron na primeira proba do Circuíto Borja Golán-Escuelas Deportivas Municipais

Imprimir

O pasado sábado, nas pistas de Balaídos, con mais de corenta rapaces e rapazas, dos cales 26 eran do Vigosquash, celebrouse a primeira proba do Circuíto Borja Golán-Escuelas Deportivas Municipais, no que os deportistas do club vigués non só gañaron cuantitativamente, senón que obtiveron uns resultados excelentes.

Dous campións, Marta Domínguez en sub 19 feminino e Xabier Barberán en sub 13 masculino, dous subcampions en sub 13, masculino con Hugo Mon e feminino, con Carla Cameselle, e tres bronces, con Cio García (sub 19), María Domínguez (sub 19) e Sofia Rodríguez en sub 13 feminino, copando polo tanto o Vigosquash sete dos 12 caixóns do podium, evidenciando o seu dominio do squash base galego.

Tamén en Santa María del Páramo, León, se celebrou un torneo nacional no que Miguel Mercé (Vigosquash) conseguiu meritoriamente o terceiro posto e polo tanto o bronce por detrás do asturiano Solla e o castelán Nebreda, confirmándose por tanto o xogador do Vigosquash como top ten nacional absoluto.