Cabecera Vide

Excelente actuación de Cio García, do Vigo Squash, no Campionato de Europa sub 15

cio_garciaA pasada semana, na cidade de Praga, o deportista vigués Cio García, do Club Vigosquash, participou no Campionato de Europa por equipos sub 15, sendo o xogador mais utilizado da selección nacional. Despois dun maratón de partidos, conseguiu colocar a España nunha excelente quinta praza gañando todos os partidos a Ucraína, Luxemburgo, Wales, Noruega e Bélxica.

Finalmente foron dobregados pola potencia inglesa, perdeu con Curtis Malik a próstrea campión e un ano maior, e nun durísimo partido polos franceses, perdendo con Hugo Mandil, subcampión e tamén un ano maior, no que Cio a punto estivo de dar a sorpresa do torneo intentando colar a España nas finais.

En definitiva, excelente comportamento do xogador vigués junior que respondeu con creces á confianza do seleccionador nacional.