Cabecera Vide

Novo éxito do Vigo de Squash

vigo_squash_junio_13Esta fin de semana, nas instalacións de Balaídos, disputouse o II Campionato Cidade de Vigo - Copa de España Absoluta de Squash coa participación de case un centenar de xogadores vidos de toda España e ao que tamén acudiron os mellores xogadores portugueses. O campionato foi un verdadeiro éxito, tanto pola participación, coma polo nivel dos participantes.

A gañadora do Torneo foi a viguesa do oclub Vigo Squash, Xisela Aranda, que ratificou o seu dominio absoluto comovigo_squash_junio_masc_13 número un de España, gañando á promesa murciana Cristina Gómez por un tanteador de 3/0(11-4/13-11/ e 13-11). A xogadora viguesa Xisela, volve gañar de novo por segunda vez o torneo da súa cidade e por quinta vez a copa de España. No apartado masculino o vigués Hugo Varela, proclamouse campión con total e absoluta autoridade vencendo na final ao nº 1 portugués Rui Soares por un marcador de 3/0(11-5/11-7/11-6).

Grande éxito para estes dous vigueses que están no cume do squash nacional.