Paula Sanmartín, do Club Ciclista Vigués, cuarta en fondo e quinta en contra o reloxo nos Nacionais junior

Imprimir

paula_ciclistaPaula Sanmartín, do Autronic-C. C. Vigués, demostrou a súa calidade nos campionatos de España junior que esta fin de semana disputaronse en Mazarrón (Murcia). A ciclista viguesa logrou un cuarto posto na modalidade de fondo e o quinto na de contra o reloxo individual, confirmando, no seu primeiro ano na categoría, que se atopa entre as mellores ciclistas do panorama nacional.

No campionato de fondo, disputado sobre a distancia de 74,6 quilómetros, quedou a un posto de podio, co mesmo tempo que a segunda e terceira clasificadas; despois de rodar longo tempo en solitario na cabeza de carreira.

Na contra o reloxo, sobre 15 quilómetros, atopouse co inconveniente dun percorrido en continuo descenso ata os últimos catro quilómetros, pouco axeitado para esta disciplina e que non lle beneficiaba en absoluto. Pola contra pisase doadamente o podio, cousa que xa ha lograra -subindo ao chanzo máis alto- en 2013, sendo cadete.

A súa compañeira de selección e de equipo, Irene Serrat, tamén estivo no grupo das ciclistas que conseguiron completar o campionato de fondo, para finalizar en moi meritorio décimo posto.

Pola súa parte, a tamén ciclista do Autronic - C. C. Vigués, Carla Fernández, conseguía unha significativa vitoria no Trofeo Virxe do Porto de Marín, ao impoñerse na proba conxunta para cadetes e infantís, sendo ela infantil de primeiro ano. En cadetes masculinos, Pablo García e Iago López clasificábanse sexto e noveno en cadetes masculinos, dentro tamén da proba marinense.