Os Halcones non puideron con Druídas

Imprimir

beisbolOs Halcones de Vigo obtiveron unha derrota, tras a súa visita o pasada fin de semana ao enfrontarse ao Club Druídas, onde os locais gañaron o encontro por un resultado de 16 carreiras a 2. Os vigueses desincháronse pronto e os coruñeses xa gañaban 9 a 2 na segunda entrada.

Non puido ser. Os Halcones viaxaron a Coruña cun desexo claro, traerse de terras coruñesas a vitoria, pero atoparon un equipo forte no picheo e especialmente inspirado co bate.

O partido gañárono 16 x 2, con K.O. no sétimo inig, cun gran traballo de Rafa na lomita que controlo o ataque vigués e permitiu o primeiro hit na segunda entrada e o Home run polo left field de Alex Mercedes, para anotar as dúas únicas carreiras dos vigueses.

A ofensiva dos Halcones estivo moi apagada conectando solo 6 hits en todo o encontro, sumado ao sen fin de erros cometidos.

Partido para esquecer rapidamente e centrarse no próximo encontro que se disputará en Vigo ante os Leones BC, o domingo 7 de xuño, ás 12 h. no campo de As Plantas.