O Travesas HC encaixou unha derrota máis, pero marca

Imprimir

O Traviesas HC caeu derrotado ante o Girona na súa cancha por 8-1. As rapazas de Quique Urdiales volveron perder na OK Liga Feminina pero, nesta ocasión, polo menos puideron celebrar un gol, o terceiro da tempada.